A Antártida: o alén (o outro mundo)

domingo 27 abril 2008

Din en Ushuaia, porto do que parten a maioría dos barcos en derrota á Antártida, que a súa cidade é “o fin do mundo”. Aínda máis ao sur háxase Porto Williams, a que realmente é a cidade máis austral da Terra, e polo tanto alí din estar “máis aló do fin do mundo”.

            Pero entón, ¿Onde se atopa A Antártida?

            Quizais teñan razón en ámbalas cidades e realmente A Antártida atópese no alén, porque non parece deste mundo. O último continente, o continente branco. Todos os seus nomes fan referencia a esta peculiaridade: verdadeiramente A Antártida non é deste mundo.

            Primeiro, polo seu illamento: para chegar alí hai que percorrer un treito de mar -o Mar de Hoces ou Paso de Drake- de case mil quilómetros, treito que a mantivo descoñecida ata hai pouco máis de 150 anos.

            Segundo, polo seu clima: nunca houbo nela vida humana e as poucas especies que alí viven teñen que ver todas co mar, xa que a terra é inhóspita, aínda que dunha beleza inesquecible.

            E terceiro, pola impresión que causa ao que a visita: o seu silencio, a súa luz, a súa grandiosidade e as impoñentes formas do seu ceo, non son deste mundo ou polo menos, non as verás noutro lugar deste mundo.

                    Creo que non hai película, foto e quizais nin pintura que poidan reflectir o que alí capta a alma. Pero con algo temos que recordala e aquí colgo unha galería sobre ela.






los comentarios han sido deshabilitados.